Aviso legal
1. OBXECTO
As presentes Condicións Xerais regularán expresamente as relacións xurdidas entre CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. (B36167534), Alto da Portela, 36940 – Cangas do Morrazo (Pontevedra), propietaria do dominio www.conservaslagopaganini.com, e os terceiros (en diante, “Usuario”) que se dean de alta como usuarios e/ou adquiran produtos a través da tenda en liña do sitio web oficial de CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. (http://www.conservaslagopaganini.com, en diante a “Tenda”).
Datos de inscrición no Rexistro Mercantil:
Rexistro Mercantil de Pontevedra. Folio 104 do Libro 1.081 de Sociedades, inscrición 2ª. da folla nº PO 3.179
2. OBRIGAS DO USUARIO
2.1 O Usuario obrígase, con carácter xeral, a utilizar a Tenda e a adquirir os produtos de conformidade coa lei, a moral, a orde pública e o disposto nestas Condicións Xerais, e a non realizar accións que impidan o normal funcionamento e goce da Tenda por parte dos Usuarios ou que poidan lesionar ou causar danos aos bens e dereitos de CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L., os seus provedores, Usuarios ou, en xeral, de calquera terceiro.
3. PRODUTOS E PREZOS
3.1 CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. resérvase o dereito a decidir, en cada momento, os produtos que se ofrezan aos Usuarios a través da Tenda. En particular, CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. poderá en calquera momento engadir novos produtos aos ofrecidos ou incluídos na Tenda, entendéndose que, salvo que se dispoña outra cousa, tales novos produtos rexeranse polo disposto nas presentes Condicións Xerais. Así mesmo, CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. resérvase o dereito a deixar de prestar ou facilitar o acceso e a utilización, en calquera momento e sen previo aviso, de calquera das distintas clases de produtos que se ofrecen na Tenda.
3.2 Os produtos incluídos na Tenda corresponderanse da forma máis fidedigna posible, na medida en que o permita a tecnoloxía de visualización na web, cos produtos efectivamente ofrecidos. As características dos produtos e os seus prezos aparecen na Tenda. Os prezos indicados na Tenda están en euros e inclúen o IVE, salvo indicación en contrario.
4. PROCEDEMENTO E FORMA DE PAGAMENTO DOS PRODUTOS
4.1 CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. enviará un correo electrónico ao Usuario confirmándolle a compra. Dito correo electrónico asignará un código de referencia da compra e detallará as características do produto, o seu prezo, os gastos de envío e a forma de pagamento.
4.2 O Usuario que adquira un produto a través da Tenda deberá efectuar o pagamento mediante os sistemas de pagamento especificamente detallados na Tenda.
4.3 CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. arquivará os documentos electrónicos nos que se formalice o contrato, remitindo unha copia ao Usuario unha vez realizada a compra. O contrato realizarase na lingua española.
4.4 A confirmación do pedido enviada por CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. non ten validez como factura, só como xustificante de compra. CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. enviará xunto co produto a factura correspondente ao mesmo.
5. DEREITO DE DESISTIMENTO
5.1 O usuario ten un dereito de desistimento polo que poderá poñerse en contacto con CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. a través do correo electrónico no seguinte enderezo: info@ conservaslagopaganini.com e desistir da compra nun prazo non superior a sete (7) días hábiles, contados a partir da recepción do produto. O produto deberá enviarse xunto coa autorización de devolución e unha copia do albará de entrega ou da factura, debidamente cumprimentada, correndo a cargo do Usuario o custo directo de devolución do produto. Dita devolución realizarase de conformidade coas instrucións que CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. indique ao Usuario en resposta á súa notificación do exercicio de desistimento. O Usuario deberá devolver o produto no prazo máximo de sete (7) días desde que CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. lle indique a forma de devolución.
5.2 O desistimento leva consigo a devolución do importe pagado. Para iso, o cliente deberá indicar na folla de devolución o número e o titular da tarxeta de crédito á que CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. deberá efectuar o abono. O prazo para dito abono será o establecido na Lei.
5.3 Non poderá exercerse o dereito de desistimento cando o produto non se devolva na súa embalaxe orixinal e cando o produto non estea en perfecto estado.
6. SERVIZO DE ATENCIÓN AO CLIENTE
6.1 Para calquera incidencia, reclamación ou exercicio dos seus dereitos, o Usuario poderá enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@conservaslagopaganini.com
7. SERVIZO DE ENTREGA A DOMICILIO
7.1 O ámbito territorial das vendas a través da Tenda é o territorio español, Península e Illas Baleares, polo que o servizo de entrega será para dito territorio. Para a venda e envío de produtos da Tenda a Usuarios noutros países requirirase previamente dispoñibilidade e aceptación por parte da mesma. Os produtos comprados a través da Tenda enviaranse ao enderezo de entrega que indique o Usuario unha vez comprobado o pagamento, sendo o prazo máximo de entrega o de trinta (30) días establecido por defecto na Lei.
7.2 O servizo de entrega de CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. realízase en colaboración con distintos operadores loxísticos de recoñecido prestixio. Non se servirán pedidos en Apartados de Correos nin en hoteis ou outros enderezos non permanentes.
7.3 O custo dos envíos non está incluído no prezo dos produtos. No momento de adquirir o produto, informarase ao Usuario do custo exacto do envío.
8. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
8.1 O Usuario recoñece que todos os elementos da Tenda e de cada un dos produtos, a información e materiais contidos nos mesmos, as imaxes, as marcas, a estrutura, selección, ordenación e presentación dos seus contidos, e os programas de ordenador utilizados en relación con eles, están protexidos por dereitos de propiedade intelectual e industrial da propia CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. ou de terceiros, e que as Condicións Xerais non lle atribúen respecto de ditos dereitos de propiedade industrial e intelectual ningún outro dereito distinto dos especificamente contemplados nas mesmas.
8.2 Salvo que fose autorizado por CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. ou, no seu caso, polos terceiros titulares dos dereitos correspondentes, ou a menos que iso resulte legalmente permitido, o Usuario non poderá reproducir, transformar, modificar, desensamblar, realizar enxeñaría inversa, distribuír, alugar, prestar, poñer a disposición ou permitir o acceso ao público a través de calquera modalidade de comunicación pública de ningún dos elementos referidos no parágrafo anterior. O Usuario deberá utilizar os materiais, elementos e información aos que acceda mediante o uso da Tenda unicamente para as súas propias necesidades, obrigándose a non realizar, nin directa nin indirectamente, unha explotación comercial dos materiais, elementos e información obtidos a través dos mesmos.
8.3 O Usuario deberá absterse de eludir ou manipular calquera dispositivo técnico establecido por CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. ou por terceiros na Tenda.
9. PROTECCIÓN DE DATOS
9.1 En cumprimento da Lei 15/99 LOPD, informámoslle de que os seus datos persoais e demais información facilitada mediante o formulario de inscrición, así como a procedente das transaccións realizadas, será incluída e conservada nunha base de datos para o seu tratamento, propiedade de CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L., mentres non se solicite a súa cancelación.
O tratamento destinarase ao desenvolvemento e execución da venda, á atención personalizada dos produtos e servizos que adquira e á mellora de dita atención, así como á promoción de produtos e servizos propios e de terceiras empresas vinculadas a CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L.
Pola aceptación destas condicións de uso, o Usuario autoriza expresamente a CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. a remitir, incluso a través de medios electrónicos, por parte de CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. e empresas vinculadas, comunicacións comerciais e ofertas e concursos promocionais.
9.2 O Usuario poderá exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, oposición ou cancelación dirixíndose a CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L., mediante correo electrónico dirixido a info@ conservaslagopaganini.com
9.3 As respostas marcadas con (*) no formulario de inscrición teñen carácter obrigatorio. A súa non contestación impedirá que se poida realizar a compra dos produtos seleccionados.
10. CONTRASINAIS
10.1 CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. facilitará o uso de contrasinais persoais ao usuario que se rexistre como tal no sitio web. DitOs contrasinais servirán para o acceso aos servizos prestados por medio do sitio web. O usuario deberá manter baixo a súa exclusiva responsabilidade os contrasinais na máis estrita e absoluta confidencialidade, asumindo, por tanto, cantos danos ou consecuencias de todo tipo se deriven do quebrantamento ou revelación do segredo. Por razóns de seguridade, o contrasinal de acceso telemático aos servizos vinculados ao sitio web poderá ser modificado en calquera momento polo usuario. O Usuario comprométese a notificar a CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. de forma inmediata calquera uso non autorizado do seu contrasinal, así como o acceso por terceiros non autorizados ao mesmo.
11. COOKIES
11.1 CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. utiliza cookies coa finalidade de mellorar os seus servizos, facilitar a navegación, manter a seguridade, verificar a identidade do Usuario, facilitar o acceso ás preferencias persoais e seguir o seu uso da Tenda. As cookies son ficheiros instalados no disco duro do ordenador ou ben na memoria do navegador, no cartafol preconfigurado polo sistema operativo do ordenador do Usuario, para identificalo.
11.2 Se o Usuario non desexa que se instale unha cookie no seu disco duro, deberá configurar o seu programa de navegación por Internet para non recibilas. Igualmente, o Usuario poderá destruír as cookies libremente. No caso de que o Usuario decida desactivar as cookies, a calidade e rapidez do servizo poden diminuír e, mesmo, perderá o acceso a algúns dos servizos ofrecidos na Tenda.
11.3 Lista completa de cookies utilizadas por CONSERVAS LAGO PAGANINI, S.L. e establecidas polo xestor de contidos (CMS) do noso sitio web:
| Cookie | Nome | Finalidade / Máis información | Caducidade |
| Conservas Lago Paganini | bc47c9955d44c3f8c727da724a4f4f64 | Cookies establecidas polo noso CMS para o correcto funcionamento da tenda en liña, así como da web en xeral. | 20 días |
| Conservas Lago Paganini | PHPSESSID | Cookie utilizada para a xestión da sesión do usuario | Ao rematar a sesión |
| Conservas Lago Paganini | qtrans_cookie_test | Para o correcto funcionamento do sistema multilingüe | Ao rematar a sesión |
| Conservas Lago Paganini | turing_string_2 | Relacionada co captcha do formulario de contacto | < 1 día |
12. LEI APLICABLE E FORO
As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Calquera controversia xurdida da interpretación ou execución que puidese xurdir en relación coa validez, interpretación, cumprimento ou resolución do presente contrato someterase á Xurisdición e Competencia dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, con renuncia ao foro que puidese corresponder ao Usuario, sempre que a lexislación aplicable así o permita.
12. Lago Paganini, S.L. Integrity Line: plataforma segura anticorrupción para empregados e terceiros
Ao facer clic en https://www.conservaslagopaganini.com/canal-de-denuncias, pode acceder á plataforma segura Lago Paganini, S.L. Integrity Line para declarar unha alerta segundo as disposicións establecidas pola empresa para cumprir coas súas obrigas legais na loita contra a corrupción ou por calquera outra alerta profesional.
Esta plataforma está reservada aos empregados, clientes, provedores e calquera persoa con algún tipo de relación coa empresa.